top of page

 

Isidro Cea é técnico superior en Imaxe e Son, con máis de 20 anos de traxectoria nos medios de comunicación audiovisuais.

 

Apaixonado da fotografía, dende unha grande paisaxe ata o macro máis pequeno, o retrato é o seu recuncho máis confortable, e a temática fantástica o seu refuxio para a creación, porque nela combínanse todas as disciplinas nunha soa imaxe.

 

As súas fotografías percorreron as catro provincias galegas e estiveron penduradas nas paredes de innumerables locais. Os centros cívicos de Santiago de Compostela e arredores foron os primeiros en albergar os seus traballos de paisaxe rural e urbana. Pero a fantasía foi sempre o seu obxectivo, e no 2009 deu o salto coa súa primeira exposición de temática imaxinaria. A partir de entón, o irreal seguiu marcando a súa obra, ata chegar a “Anxos, demos e demais retratos Divinos de la Muerte”, na que xuntou baixo un mesmo título aquelas obras que, de forma premeditada, coincidían en temática e estética. Unha mostra que percorreu e seguirá percorrendo toda Galicia e que no 2014 cruzará fronteiras. 

 

En 2013 presenta dúas novas exposicións: "Odios y Diosas... y otros desagües de mi imaginación", que é unha continuiade de "Anxos e demos..." e "Tratareite coma unha Rosa", un traballo contra a violencia de xénero.

 

Portada Nº53 Revista INTERFOLK

bottom of page